Reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria
Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2020
O 6 de febreiro tivo lugar unha nova reunión do Consello de Cooperación Bibliotecaria nunha sala da Biblioteca de Galicia presidida polo Director Xeral de Políticas Culturais Anxo Lorenzo e coa participación de representantes das bibliotecas de xestión autonómica, das bibliotecas municipais (no noso caso Teresa Rivela, secretaria da Asociación Profesional de Bibliotecarios de Galicia representando tamén a FEGAMP), dos centros privados integrados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, das bibliotecas escolares de ensino non universitario e das asociacións de bibliotecarios.
Nesta reunión ademais da lectura da aprobación da acta da anterior reunión, deuse a coñecer o Calendario do Libro e da Lectura para este ano, informe de GaliciaLe, información sobre as convocatorias de subvencións en materia de bibliotecas para 2020, informe sobre a situación da 3ª fase de implantación do programa de xestión Koha e as distintas intervencións dos representantes das distintas bibliotecas.
Nos propusemos modificacións nas distintas axudas e no premio de Innovación Bibliotecaria que esperamos sexan tidas en conta.
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org