CELEBREMOS O 8 DE MARZO DIA DA MULLER TRABALLADORA
REIVINDICACIÓN DA ASOCIACIÓN
7 de marzo de 2017
REIVINDICACIÓN 8 DE MARZO

O 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller Traballadora, unha efeméride que define ao colectivo que representamos, os bibliotecarios/as municipais no que a porcentaxe maioritaria é de mulleres. Si, mulleres moi traballadoras e vocacionais. Hoxe toca falar de elas, aínda que temos como non, estupendos profesionais bibliotecarios.

No século XXI temos que seguir reivindicando os dereitos de igualdade e de desenvolvemento integral como persoas traballadoras, que novidade!

Por este día, e necesario recordar a situación laboral do noso colectivo que nalgúns casos roza o surrealismo e o esperpento. As bibliotecas municipais dependen dos concellos, son obrigatorias a partir de 5.000 habitantes, según a Lei de Réxime Local aínda que con menos, e grazas a antiga Lei de Bibliotecas de Galicia tamén as temos en poboacións de menor número de habitantes.

Ás administracións énchelles a boca ao falar de conciliación, de salarios dignos, de igualdade, e as bibliotecarias municipais son o colectivo peor tratado e ninguneado de toda a administración local. Como pode ser que:
Na maioría dos concellos galegos obrigados por lei a ofrecer este servizo público contan cunha soa persoa para o servizo, pero queremos horarios cada vez máis amplos, facer máis animación cultural, automatizar e catalogación de fondos ao día, actividades cos colexios, préstamo individual, …
Como se deixa (e ahí entran todas as administracións) contratar auxiliares para traballos de técnicas con salarios mínimos e sen poder promocionar durante toda a vida laboral (casos temos de 15, 20 e incluso 26 anos)… pero queremos persoal motivado.
Como se pode conciliar con xornadas partidas en horarios que difícilmente deixan lugar a levar unha vida familiar e profesional plena…
A verdade é que a realidade se impón ante as grandilocuencias políticas que nos inundan día si e día tamén falando de racionalización de horarios, igualdade e de conciliación familiar como bases de desenvolvemento nunha sociedade avellentada como é a galega.

Dende a Asociación profesional de bibliotecarios municipais de Galicia, temos que alzar a voz contra estas políticas corto placistas de alcalde / alcaldesas e concelleiros e concelleiras de cultura (que tamén nalgúns casos se cren técnico) do todo vale, e por riba xefes que cada catro ano poden variar coas dificultades engadidas que iso con leva sobre todo a nivel educativo e cultural. Toca o que toca.

Non todo vale!!, a sangría e explotación constante incide no servizo que prestamos e non se dignifica a muller bibliotecaria como outros colectivos municipais. Non se pode mirar para outro lado cando se expreme ao máximo esta situación con políticos de todas as cores, incluídos os das novas políticas, que continúan avasalando as traballadoras bibliotecarias cun “valen para todo” debido sobre todo ao seu nivel educativo superior. Que se non hai orzamentos, que se non se pode contratar persoal, que a crise, bla bla bla as mesmas desculpas ano tras ano en bibliotecas de todas as provincias galegas.


Hoxe reivindicamos como mulleres bibliotecarias, un trato igualitario, merecedor do traballo que se presta, que tomen en serio dunha vez por todas as medidas de conciliación, (no sentido amplo da palabra, familiar; fillos, maiores pero tamén de ocio e calidade de vida persoal), a importancia da promoción da lectura pública e o que iso con leva para unha sociedade máis autónoma, obxectiva, xusta e igualitaria. Interesa??.


8 de marzo de 2017
O EQUIPO DIRECTIVO.
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org