O CONSELLO DA CULTURA GALEGA ACABA DE PUBLICAR A TRAVÉS DOS SEUS DOCUMENTOS DE TRABALLO, UN INFORME MOI INTERESANTE E PREOCUPANTE PARA AS BIBLIOTECAS GALEGAS
Accede ao informe.
23 de marzo de 2016
http://consellodacultura.gal/mediateca/extras/f377bb_CCG_2016_EstatisticadeBibliotecas.pdf

Falando cos seus responsables a informacion procede de varios fontes pero sobre todo das enquisas do INE. Agradecen a nosa difusión e nós a eles a súa achega.

Breve resumo:
O que remarca o informe dende o noso punto de vista, é a reducción importante no gasto tanto en adquisicións, o máis baixo dende o 2006, como en investimentos cun 78% de descenso, dous pilares básicos e indispensables para o correcto funcionamento dos servizos bibliotecarios.

O lado máis positivo é o aumento das visitas virtuais e o acceso aos fondos dixitalizados.

Dato para nós moi preocupante é o descenso de bibliotecas de titularidade municipal, contando con 287 bibliotecas a cifra máis baixa dende o seu máximo no ano 2006 con 331 bibliotecas municipais,
e aínda que algúns indicadores poden parecer non tan malos, referidos a terminais informáticos, teríamos que mirar en que grao de uso atópanse a maior parte deles nas bibliotecas municipais de Galicia, e dicir, obsoletos no seu total significado (anticuado ou inadecuado ás circunstancias, modas ou necesidades actuais).

Informe moi clarificador e bo traballo do OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA
Documentos relacionados
Estatísticas Bibliotecas[ 185 KB ]
Estatísticas Bibliotecas
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org