María Jesús Álvarez Sánchez, presidenta da organización
María Jesús Álvarez Sánchez
Presidenta da organización
As Bibliotecas Públicas Municipais (BPM) son un dos instrumentos fundamentais para o fomento e dinamización cultural da sociedade e a canle que máis preto se encontra dos cidadáns no seu acceso democrático e igualitario á cultura, información, formación e ocio, tarefa e responsabilidade pois dos bibliotecarios municipais. Neste senso, a “Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia”, nace logo de varias xuntanzas ao longo destes últimos catro anos, motivada pola necesidade de dar respostas ás constantes e coincidentes revindicacións dos profesionais que para ofrecer un bo servizo aos cidadáns, encontrámonos con múltiples dificultades.

Logo da súa constitución o 19 de xuño de 2010 en Santiago de Compostela e rexistrada xa oficialmente como asociación profesional, contamos co respaldo dun amplio número de bibliotecarios municipais de toda Galicia, o que constitue un dos nosos principais motores.

O contexo no que se encontran as BPM dependentes da Administración Local, produce un gran abano de situacións laborais precarias, agravios comparativos, aillamento profesional e outro tipo de penurias impropias dun sistema bibliotecario de calidade do século XXI.
A crise, lonxe de ser unha excusa para o recorte do noso labor e promoción profesional, ben a ser un aliciente para potenciar, ahora máis que nunca, a figura do bibliotecario municipal, como profesional da información e intermediario entre as NTIC e a sociedade. Nesta disxuntiva, temos a obriga de dignificar tanto a figura do BIBLIOTECARIO MUNICIPAL, como das BIBLIOTECAS PÚBLICAS MUNICIPAIS, e procurar un maior entendemento entre todos nós, establecendo cauces de comunicación e asistencia, cuns fins claros (art. 5.1. dos Estatutos):
  • Representación, xestión, defensa e fomento dos intereses económicos, sociais e profesionais dos seus membros e o asesoramento dos mesmos.
  • Promover a mellora das condicións xerais e particulares para o desenvolvemento da actividade profesional dos asociados, así como a unificación de criterios e sistemas servindo con obxectividade aos intereses xerais no marco dun Estado de Dereito.
  • Reforzar e consolidar a figura profesional do Bibliotecario Municipal.
  • Promover e mellorar a formación profesional e a colaboración entre a Asociación e as Institucións encadradas no noso ámbito.
  • Labores de representación ante os Organismos galegos e nacionais.
  • Favorecer iniciativas que axuden á promoción das BPM e aos bibliotecarios galegos.
Como presidenta da “Asociación Profesional de Bibliotecarios Municipais de Galicia”, quero animarvos a colaborar neste proxecto ilusionante e integrador, a denunciar as situacións inxustas, a expresar as vosas opinións e suxerencias. A voz dos bibliotecarios municipais será dende xá escoitada en voz alta e clara é será a voz da nosa asociación. Todos somos útiles e imprescindibles e quédanos un apaixonate camiño por percorrer… pero xuntos o conseguiremos.
Benvidos a todos
Deputación de Lugo - Vicepresidencia Primeira - Cultura
Biblioteca Pública Municipal "Salgado Toimil"
Rúa de Lugo, 1 - 2º Andar. 27780 Foz (Lugo)
Tf. / Fax: 982 140 675
Email:bmunicipais@bibliotecasmunicipais.org